Mediante eleccións sindicais e a través de sufraxio persoal, directo, libre e secreto elíxense os órganos de representación do persoal empregado público en cada centro de traballo/unidade electoral (artigo 12.1 do Real decreto Lei 20/2012).
O tipo de representación unitaria do persoal empregado público varía atendendo ao tipo de persoal:
- Persoal funcionario, cuxos órganos de representación son os Delegados de Persoal (cando o censo de traballadores sexa superior a seis e inferior a 49) e as Xuntas de Persoal (censo a partir de 50 traballadores).
- Persoal laboral, cuxos órganos de representación son os Delegados de Persoal (cando o censo de traballadores sexa superior a seis e inferior a 49) e Comités de Empresa (censo a partir de 50 traballadores).
Eleccións Sindicais
Información Adicional
Para máis información podes consultar a seguinte normativa de aplicación:
A representación sindical, pola súa banda, confórmase a través das Seccións Sindicais e os Delegados Sindicais (artigos 8 e seguintes da Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical).