Neste documento abórdase a análise da percepción dos españois con respecto a distintas políticas e servizos públicos e a súa evolución nos últimos anos. En concreto, neste ano de austeridade, estúdase a importancia que os cidadáns conceden aos servizos públicos e o grao de satisfacción cun abanico amplo de políticas e servizos sectoriais.
Como outros anos tamén se analizan en detalle as opinións e hábitos dos cidadáns en relación cos servizos públicos de carácter administrativo e coa administración electrónica. Por último, co obxectivo de propor melloras, detállanse, as actitudes da cidadanía cara ao importante programa de queixas e suxestións.
En primeiro lugar, cabe destacar que os cidadáns conceden unha crecente importancia aos servizos públicos, independentemente do colectivo ao que pertenzan en función do seu xénero, idade, nacionalidade, ideoloxía ou nivel de instrución, como quizá era de esperar nun contexto de crise. Probablemente, esta crecente concienciación cos servizos públicos é a que, na situación actual, failles ser máis sensibles que antes no que se refire á calidade dos mesmos.
Doutra banda, e a diferenza do que ocorre coas políticas e servizos sectoriais, os cidadáns avalían moi positivamente os seus contactos coas oficinas