Unha carga administrativa pode ser, por exemplo, unha solicitude, unha obriga de comunicar datos, de conservar documentos ou de formalizalos; en definitiva, é toda actividade de natureza administrativa que debe levar a cabo unha empresa ou un cidadán para cumprir coas obrigas derivadas da normativa.
Que é unha carga administrativa?

Esta sección resolve cuestións relacionadas coa redución de cargas administrativas.
Que é unha carga administrativa?
Por que reducir cargas administrativas?
A redución de cargas administrativas permite diminuír os custos de constitución ou funcionamento das empresas e dedicar estes recursos liberados a outras actividades, mellorando así a produtividade e a competitividade da economía.
Como reducilas?
As técnicas utilizadas consisten por exemplo na eliminación de obrigas innecesarias, en non requirir documentos ou datos que obren en poder das Administracións, en reducir a frecuencia de pedimento de datos, en reducir os prazos de tramitación dos procedementos ou en posibilitar a presentación electrónica de solicitudes, comunicacións e demais documentos.
Como se cuantifica o aforro dos cidadáns e das empresas?
A medición, que é de carácter estimativo, realízase aplicando o Método simplificado de medición de cargas administrativas e da súa redución (Anexo V da Guía Metodolóxica para a elaboración da Memoria de Análise de Impacto Normativo) a partir de tres valores: o CUSTO de cumprir coa carga, a FRECUENCIA coa que debe realizarse e a POBOACIÓN que debe cumprila.