Os Operadores de televisión que teñan a responsabilidade editorial de canles de televisión e en cuxa programación se inclúan longametraxes cinematográficas de produción actual, é dicir, cunha antigüidade menor de sete anos desde a súa data de produción, deberán destinar como mínimo, cada ano, o cinco por cento da cifra total de ingresos devindicados durante o exercicio anterior, conforme a súa conta de explotación, ao financiamento anticipado da produción de longametraxes e curtametraxes cinematográficas e películas para televisión europeos, incluídos os supostos contemplados no artigo 5.1 da Lei de fomento e promoción da cinematografía e do sector audiovisual, de acordo con o previsto no artigo 2 do Regulamento aprobado polo Real Decreto 1652/2004, do 9 de xullo, en relación co apartado 1 do artigo 5 da Lei 25/1994, do 12 de xullo. Ademais, o sesenta por cento do investimento anterior, deberá destinarse ao financiamento anticipado da produción de obras en calquera das linguas oficiais en España.
A partir do 1º de maio de 2010, a Lei 7/2010, do 31 de marzo, Xeral da Comunicación Audiovisual, no Título II, Capítulo I, Artigo 5 establece que os fornecedores do servizo de comunicación audiovisual televisiva de cobertura estatal ou autonómica deberán cntribuir anualmente ao financiamento anticipado da produción europea de películas cinematográficas, películas e series de televisión, así como documentais e películas e series de animación co 5% dos ingresos devindicados no exercicio anterior polas súas canles que emitan estes produtos, cando os mesmos teñan unha antigüidade menor a 7 anos desde a súa data de produción. Esta obriga elévase ao 6% no caso dos fornecedores de titularidade pública. Ademais, con excepción dos fornecedores que emitan canles temáticas, como mínimo o 60% do investimento anticipado deberá ser en películas cinematográficas, se ben para os operadores públicos será do 75%, sendo polo menos o 50% do investimento total do cómputo anual en obras de produtores independentes. Do mesmo xeito que na normativa anterior o 60% do investimento anterior deberá destinarse a obras en calquera das linguas oficiais en España.
También están sometidos á obriga os fornecedores do servizo de comunicación electrónica que difundan canles de televisión e os fornecedores de servizos de catálogos de programas.