En aras a garantir a transparencia dos Fondos, a Autoridade de Xestión dos Estados Membros, debe publicar unha lista das operacións cofinanciadas por Programa Operativo e por Fondo e conterá os seguintes campos (Anexo XII apartado 1 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 decembro de 2013):
Nome do operador beneficiario, nome da operación, resumo, data de inicio da operación, data de conclusión da operación, gasto total subvencionable, porcentaxe de cofinanciamento da UE (por Eixo prioritario), código postal da operación, país e nome da categoría de intervención e data da última actualización da lista de operacións. Os títulos dos campos de datos, deberán aparecen tamén en inglés.
La lista colgarase no Portal web único que, en España é a web da Dirección Xeral de Fondos Europeos e actualizarase pola Autoridade de Xestión cada 6 meses. Estará dispoñible en formato Excel, XML e PDF. Accédese mediante a seguinte ligazón: