Este caso non implica que o operador beneficiario teña que realizar ningunha actividade adicional en concreto senón que, cando a Comisión Europea, a Autoridade de Auditoría, o Tribunal de Contas Europeo ou calquera outro órgano de control de fondos europeos, requira, para verificar a xestión das axudas de documentación ou necesite visitar as dependencias do operador beneficiario, este ten que colaborar neste proceso e prestar toda a axuda necesaria para que se poidan realizar estas comprobacións e pór ao seu dispor os datos que se lles soliciten.
Así mesmo, haberá de colaborar, dentro do seu ámbito de xestión, nas actividades de seguimento das actuacións, incluídas as de avaliación que poderán ser entrevistas, enquisas ou calquera outro instrumento de avaliación.