El uso especial do dominio público radioeléctrico é o que se leve a cabo das bandas de frecuencias habilitadas para a súa explotación de forma compartida, sen limitación de número de operadores ou usuarios e coas condicións técnicas e para os servizos que se establezan en cada caso.
Os servizos aos que actualmente se pode aplicar esta modalidade de uso son o servizo de radioaficionados, que require unha autorización individual e, a nivel de operadores, os servizos de comunicacións móbiles en aeronaves en voo (MCA) e comunicacións móbiles a bordo de buques (MCV), que precisan dunha concesión.