O propósito da autoevaluación é a análise regular, polas propias organizacións, dos seus procesos e resultados de xestión para identificar os puntos fortes e as deficiencias e determinar os oportunos plans de mellora.
O Marco Común de Avaliación (CAF) é unha ferramenta de xestión da calidade total, desenvolvida por e para o sector público e inspirada no Modelo de Excelencia da Fundación Europea para a Xestión da Calidade (EFQM). Está baseada na premisa de que os resultados excelentes no rendemento da organización, nos cidadáns/clientes, nas persoas e na sociedade alcánzanse por medio dun liderado que dirixa a estratexia e planificación, as persoas, as alianzas, os recursos e os procesos. O modelo examina a organización desde distintos ángulos á vez, cun enfoque holístico da análise do rendemento da organización.