Desde o lanzamento do Marco Común de Avaliación (CAF) no ano 2000, case dous mil organizacións aplicaron este modelo. Durante os últimos 10 anos, o modelo CAF estableceuse entre as moitas ferramentas existentes en materia de xestión da calidade. O procedemento de retroalimentación externa do CAF –que proporciona unha retroalimentación externa sobre a avaliación que se levou a cabo co CAF– pretende dar un maior apoio aos usuarios do CAF na súa procura da calidade.
Co fin de que as organizacións públicas que aplican o CAF poidan ver os resultados dos seus esforzos e recibir retroalimentación, o procedemento de retroalimentación externa do CAF proporciona un diagnóstico sobre a introdución da xestión da calidade total coa axuda do CAF. Esta retroalimentación non só ten que ver co proceso de autoevaluación, senón tamén co modo de acción elixido polas organizacións para alcanzar a excelencia a longo prazo, e está baseada nos principios de excelencia.