Durante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19, está a estenderse un rumor nalgúns países que atribúe ás redes 5G a capacidade de contaxiar o virus. Con todo, non existe ningunha evidencia científica que permita vincular as redes de telecomunicacións 5G coa propagación do coronavirus, tal e como lembra a propia Organización Mundial da Saúde, que publicou unha nota cualificando de “bulo” esta información e lembrando que os virus non poden viaxar a través de bandas de frecuencias nin de ningunha infraestrutura tecnolóxica. A Comisión Europea e a Unión Internacional de Telecomunicacións publicaron informacións no mesmo sentido. Nas seguintes ligazóns pódese acceder ás notas da Organización Mundial da Saúde, a Comisión Europea e a Unión Internacional de Telecomunicacións.