Normalización técnica
A normalización debe ser un proceso impulsado fundamentalmente polos axentes do mercado. No entanto, poden darse situacións en que conveña fomentar ou mesmo facer obrigatorio o cumprimento de determinadas normas para potenciar a liberdade de elección dos usuarios, garantir o correcto funcionamento de equipos e a interoperabilidade de servizos nunha contorna de mercado competitivo.
O artigo 79 da Lei 11/2022, do 28 de xuño, Xeral de Telecomunicacións sinala que o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública (MTDFP), cando así o prevexa a normativa aplicable, aprobará as especificacións técnicas dos equipos ou aparellos de telecomunicacións, recollendo os requisitos esenciais que sexan de aplicación.
Conforme ao disposto no artigo 83 da Lei 11/2022, do 28 de xuño, Xeral de Telecomunicacións, á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais correspóndenlle, entre outras, o exercicio das funcións inspectoras en materia de telecomunicacións, a inspección e o control das redes e dos servizos de telecomunicacións e das condicións para a súa prestación e explotación, das obrigas dos operadores, en particular, das establecidas para a protección dos dereitos dos usuarios finais de comunicacións electrónicas, dos equipos e aparellos de telecomunicacións e das instalacións. Tamén, as funcións relativas á avaliación da conformidade de quipos e aparellos de telecomunicacións, incluídas as potestades como autoridade de vixilancia do mercado e como autoridade notificante, á normalización técnica, así como a inspección e control dos equipos e aparellos de telecomunicación postos no mercado e comprobación do cumprimento da avaliación da conformidade. . Estas funcións de vixilancia do mercado e avaliación da conformidade esténdense, desde o 1 de agosto de 2025, ao cumprimento dos requisitos esenciais de ciberseguridade establecidos no Regulamento delegado (UE) 2022/30 da Comisión, do 29 de outubro de 2021, que completa a Directiva 2014/53/UE no relativo á protección da rede, dos datos persoais e a privacidade dos usuarios, e fronte á fraude, para os equipos radioeléctricos que poidan conectarse a internet.
O artigo 7 do Real Decreto 188/2016, do 6 de maio, polo que se aproba o Regulamento polo que se establecen os requisitos para a comercialización, posta en servizo e uso de equipos radioeléctricos, e regúlase o procedemento para a avaliación da conformidade, a vixilancia do mercado e o réxime sancionador dos equipos de telecomunicación, indica que A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais publicará no «Boletín Oficial do Estado», mediante resolución, as interfaces de equipos radioeléctricos que poidan ser utilizadas en España.
Este Real Decreto traspón ao ordenamento xurídico español a Directiva 2014/53/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, relativa á armonización das lexislacións dos Estados membros sobre a comercialización de equipos radioeléctricos. O Regulamento aprobado por este Real Decreto foi modificado polo Real Decreto 442/2024, do 30 de abril, que traspón a Directiva (UE) 2022/2380 e o Regulamento Delegado (UE) 2023/1717, sobre o receptáculo e o protocolo de carga común (cargador único) para determinadas categorías de equipos radioeléctricos.
Unha parte importante das actividades de Normalización Técnica no ámbito europeo céntranse na elaboración de regulamentos de especificacións técnicas de telecomunicacións e no seguimento de actividades similares nos outros países da Unión Europea. A nivel nacional os Estados Membros están suxeitos ao disposto na Directiva 2015/1535/UE, pola que se establece un procedemento de información en materia das normas e regulamentacións técnicas e das regras relativas aos servizos da sociedade da información.
Normativa
- Real Decreto 188/2016, do 6 de maio (BOE 10/05/2016) polo que se aproba o Regulamento polo que se establecen os requisitos para a comercialización, posta en servizo e uso de equipos radioeléctricos, e regúlase o procedemento para a avaliación da conformidade, a vixilancia do mercado e o réxime sancionador dos equipos de telecomunicación.
- Real Decreto 442/2024, de 30 de abril (BOE 01/05/2024) por el que se modifica el Reglamento aprobado por el Real Decreto 188/2016, de 6 de mayo.
- Directiva 2015/1535 UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de setembro de 2015, pola que se establece un procedemento de información en materia de regulamentacións técnicas e de regras relativas aos servizos da sociedade da información (Texto pertinente para efectos do EEE).