Neste documento abórdase a análise da percepción dos residentes en España con respecto a distintas políticas e servizos públicos e a súa evolución nos últimos anos. En concreto, estúdase en 2015 a importancia que os cidadáns conceden aos servizos públicos e o grao de satisfacción cun amplo abanico de políticas e servizos sectoriais.
Como outros anos, tamén se analizan en detalle as opinións e hábitos dos cidadáns en relación cos servizos públicos de carácter administrativo e coa administración electrónica. Por último, estúdase nesta ocasión a percepción cidadá acerca da implementación da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Entre as actividades que desenvolve AEVAL atópase a de informar periodicamente da percepción social dos servizos públicos e do nivel de calidade co que se prestan. Mentres os estudos sobre o nivel de calidade obxectiva dos servizos públicos están recollidos noutros informes de AEVAL, neste aténdese á primeira parte do citado mandato, é dicir, ao que dispón a necesidade de informar sobre a calidade percibida dos servizos públicos.