Neste documento abórdase a análise da percepción dos residentes en España
con respecto a distintas políticas e servizos públicos e a súa evolución nos últimos
anos. En concreto estúdase en 2017 a importancia que os cidadáns conceden aos
servizos públicos e o grao de satisfacción cun amplo abanico de políticas e
servizos sectoriais. Como outros anos, tamén se analizan en detalle as opinións e
hábitos dos cidadáns en relación cos servizos públicos de carácter
administrativo e coa administración electrónica.
Dentro dos programas contidos no Real Decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo
que se establece o marco xeral para a mellora da calidade na Administración Xeral do Estado
, está previsto o despregamento dunha serie de actividades por parte
do denominado observatorio da calidade dos servizos públicos. Así, o artigo 26
do citado Real Decreto encarga un estudo periódico e uniforme da percepción
cidadá sobre os servizos públicos, para o que, poderán realizarse estudos de
opinión. Os servizos obxecto de análise son aqueles de maior relevancia para a
sociedade e que son máis utilizados pola poboación.