O artigo 51 da Lei Xeral de Telecomunicacións establece que cando se acometan proxectos de urbanización, o proxecto técnico de urbanización deberá prever a instalación de infraestrutura de obra civil para facilitar o despregamento das redes públicas de comunicacións electrónicas, podendo incluír adicionalmente elementos e equipos de rede pasivos. Segundo a Lei Xeral de Telecomunicacións, as infraestruturas que se instalen para facilitar o despregamento das redes públicas de comunicacións electrónicas conforme o parágrafo anterior formarán parte do conxunto resultante das obras de urbanización e pasarán a integrarse no dominio público municipal. A administración pública titular do este dominio público porá talles infraestruturas a disposición dos operadores interesados en condicións de igualdade, transparencia e non discriminación.
Si ben é certo que os detalles das instalacións antes mencionadas están pendentes de aprobación mediante Real Decreto, débese destacar que talles infraestruturas deben estar previstas nos instrumentos de planificación urbanística que aproben as diferentes Administracións Públicas.