Aquí iremos habilitando o acceso a todos os recursos que se vaian incluíndo á Comunidade.
- Acceso a modelos de código aberto como ALIA (Activos para a Linguaxe e a Intelixencia Artificial) (2B base e instruído, 7B base e instruído e 40B base e instruído), ademais de datos abertos e outros recursos, dispoñibles para experimentar e desenvolver proxectos.
- Acceso preferente a supercomputación pública e, cando cumpra, colaboracións privadas para ampliar as capacidades de cómputo.
- Datos abertos e corpus procedentes de espazos de datos, con garantías de calidade, diversidade e rastrexabilidade, dispoñibles para adestramento e avaliación.
- Guías e materiais regulatorios: pautas de cumprimento do Regulamento de Intelixencia Artificial, checklists para pemes (pequenas e medianas empresas) e documentación xerada no Sandbox de Intelixencia Artificial. Las guías tamén están en inglés.
- Documentación técnica: repositorios abertos, casos de uso e guías de boas prácticas sobre modelos e sistemas de Intelixencia Artificial abertos.
- Programas de formación aplicada en optimización (tuning), especialización de modelos e construción de sistemas de Intelixencia Artificial.
- Formación gratuita especializada en la plataforma Generación D sobre Inteligencia Artificial