Programa UNICO-5G Redes Activas
El Programa Único - 5G Redes Activas é unha actuación que se enmarca dentro do Investimento 1 da Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) da economía española e está financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021.
O obxectivo desta actuación é achegarse á universalización das redes públicas de comunicacións electrónicas capaces de proporcionar 5G cunha velocidade mínima de 100 Mbps para a ligazón descendente e 5 Mbps para a ligazón ascendente, nas zonas e tramos de estrada asignados situadas en municipios cunha poboación de menos de 10.000 habitantes, a través da concesión de axudas aos operadores de telecomunicacións beneficiarios.
O programa de axudas ao despregamento de redes móbiles 5G encádrase dentro do marco do Programa de Universalización de Infraestructuras Digitales para a Cohesión UNICO– 5G Redes e baixo os principios establecidos polas Axendas España Dixital 2025 e 2026, e a Estratexia de impulso da tecnoloxía 5G, incentivando a súa contribución ao aumento da produtividade económica, ao progreso social e á vertebración territorial.