WiMax é unha tecnoloxía que, do mesmo xeito que o Wi-Fi, permite a comunicación inalámbrica entre dispositivos a través de ondas electromagnéticas. WiMax ofrece un rendemento similar ao de Wi-Fi, pero permite unha cobertura e calidade de servizo maiores, conseguindo un alcance teórico de ata 50 Km para accesos inalámbricos desde unha localización fixa e ao redor de 15 Km para accesos en mobilidade. La tecnoloxía WiMax é utilizada por algúns operadores para prover acceso a Internet, principalmente naquelas áreas onde non existe acceso a través de redes tradicionais de pares de cobre, cable ou fibra óptica.
A velocidade máxima e alcance das conexións WiMax dependen da versión do estándar utilizado segundo a familia de normas IEEE 802.16. A última versión, coñecida como IEEE 802.16m ou WiMax Release 2.0, permite velocidades teóricas de ata 1 Gbit/s para usuarios nunha localización fixa e 365 Mbit/s para usuarios en mobilidade, capacidades estas que sitúan ás tecnoloxías WiMax como unha das familias de tecnoloxías 4G. Cabe destacar que estas velocidades son máximos teóricos e que a velocidade real depende do número de usuarios conectados simultaneamente a un mesmo punto de acceso e doutros factores, que fan que as velocidades de descarga na práctica tendan a ser menores que os máximos teóricos.