Xestión do reingreso ao servizo activo dos funcionarios de carreira
PRAZOS DE SOLICITUDE DE REINGRESO AO SERVIZO ACTIVO Á DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA
Suspensión de funcións de duración superior a seis meses
Cun mes de antelación á finalización do período de duración da suspensión. De non solicitarse o reingreso no este prazo, declararase ao funcionario na situación de excedencia voluntaria por interese particular.
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, cando se produce cesamento* noutra relación de servizos
Un mes, contado a partir do día de cesamento* na relación de servizos que deu orixe á situación de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público.De non solicitar o reingreso no prazo indicado, declararase ao funcionario na situación de excedencia voluntaria por interese particular.
*O cesamento na relación de servizos debe implicar a finalización total da mesma, sen que caiba a posibilidade de renovala con posterioridade.
Servizos especiais (só se se pasou desde unha situación sen reserva de praza ou destino será competencia da Dirección Xeral da Función Pública)
Un mes, contado a partir do día en que perdeu a condición que deu lugar ao pase a servizos especiais.. De non solicitar o reingreso no prazo indicado, declararáselle na situación de excedencia voluntaria por interese particular.
Resto de situacións administrativas
Non se establece prazo de solicitude.