MUFACE ampliou o servizo telefónico preferente aos e as mutualistas maiores de 75 anos que residan en Barcelona, Burgos e Melilla. Este servizo leva funcionando desde febreiro en Madrid con notable éxito.
Actualmente 167.024 mutualistas teñen 75 ou máis anos de idade, dos que 10.105 están adscritos a Barcelona, 1.737 a Burgos e 370 a Melilla.
Este colectivo poderá seguir canalizano os seus pedimentos de consulta, cita previa ou talonario polo resto das canles establecidas (App, sede, teléfono 060 ou correo postal), do mesmo xeito que o resto do colectivo.
A Mutualidade ten previsto articular noutros Servizos Provinciais sistemas similares para dar atención a esta franxa de idade ao longo de 2023, seguindo así as pautas do Plan MUFACE Avanza 2021-2023 que incide no obxectivo estratéxico de proximidade ao colectivo (omnicanalidad) e de crear unha cultura centrada nas persoas.