O Consello de Ministros aprobou hoxe en primeira volta o anteproxecto de Lei de Función Pública. Trátase da norma que impulsará a implantación dun modelo de recursos humanos público baseado nas competencias e que favorecerá a atracción e retención do talento, co que se pretende dotar á Administración dun marco normativo que permita dar resposta aos actuais retos da sociedade, reforzando o papel de liderado renovador da Administración do Estado.
Esta lei, que forma parte dos compromisos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), aposta polos principios de planificación estratéxica, adaptación da selección de persoal ás necesidades da Administración, a avaliación do desempeño, a regulación do persoal directivo público profesional ou unha nova regulación da carreira profesional.
A igualdade, o diálogo social e a aprendizaxe durante toda a carreira profesional son os principios transversais que inspiran a lei.
Ademais, as numerosas medidas incluídas no texto, que agora se someterá ao procedemento de información pública, desenvolven o Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP).
As reformas incluídas no Anteproxecto de Lei supoñen un antes e un despois no ámbito da Función Pública:
1.- Planificación estratégica, por la que se alinearán los objetivos estratégicos de la Administración Pública.
2. Incorporación de la evaluación del desempeño al modelo de empleo público, que perseguirá una mejora de la productividad y la adecuación de la carrera profesional al cumplimiento de las funciones de la empleada o el empleado público.
3. A regulación da carreira profesional horizontal é outra das grandes novidades, nunha aposta pola promoción profesional interna, consiste na progresión nun itinerario de tramos sen que sexa necesario que se produza un cambio de posto de traballo.
O texto do anteproxecto aprobado hoxe, inclúe a creación de dous novos complementos salariais para as empregadas e empregados públicos:
O primeiro deles é o complemento de carreira. Este retribuirá a progresión que se vaia alcanzando na carreira profesional. A súa contía será a mesma para todo o persoal funcionario do mesmo grupo ou subgrupo de clasificación profesional que o teña recoñecido.
O segundo será o complemento de desempeño, vinculado á superación das avaliacións de desempeño expostas durante a carreira profesional, as cales terán carácter obrigatorio.
Outro dos compromisos do Goberno que estará recollido na futura lei é a regulación do persoal directivo público profesional, xa que se trata dun perfil crave na concepción dunha Administración Pública moderna.
Neste sentido, refórzase a idoneidade, capacidade e orientación dos mesmos con respecto aos resultados profesionais que obteñan quen ocupen eses postos directivos.
Por último, o Anteproxecto de Lei opta por un modelo mixto de acceso á función pública baseado no coñecemento e na avaliación de competencias profesionais, ademais de apostar pola democratización no acceso ao emprego público.
Ligazón á Nota de Prensa.