Aprobada a Carta de Servizos do Portal da Transparencia da Administración Xeral do Estado do Ministerio de Facenda e Función Pública.

02/11/2021

El BOE del pasado 28 de octubre, ha publicado la Resolución de 21 de octubre de 2021 de la Subsecretaría por la que se aprueba la Carta de Servicios (2021-2024) del Portal de la Transparencia de la Administración General del Estado del Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Con esta carta preténdense os seguintes obxectivos: Facer visible a información de publicidade activa e potenciar e facilitar o exercicio do dereito de acceso á información pública que obre en poder da Administración Xeral do Estado. Así mesmo, comunicar as responsabilidades e os compromisos adquiridos, dar a coñecer os dereitos da cidadanía en relación con eses servizos e as responsabilidades e obrigas que contraen ao recibilos.

En relación coa información pública, a publicidade activa e o dereito de acceso son servizos que presta o Portal da Transparencia, ademais doutros servizos de información como é o Goberno Aberto e a participación pública en proxectos normativos.

De acordo con o disposto no artigo 8 do Real Decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que se establece o marco xeral para a mellora da calidade na Administración Xeral do Estado, as cartas de servizos son documentos que constitúen o instrumento a través do cal os órganos, organismos e entidades da Administración Xeral do Estado informan os cidadáns e usuarios sobre os servizos que teñen encomendados, sobre os dereitos que lles asisten en relación con aqueles e sobre os compromisos de calidade na súa prestación.