O 9 de febreiro celebrouse o sexto debate dedicado a repensar o proceso selectivo. Nesta ocasión, contou coa participación de:
- Elisa da Noz, Secretaria Xeral da Fundación Hai Dereito que destacou que na actualidade está a seleccionarse para unha Administración que non existe ou que deixou de existir, aínda que a administración conta con ferramentas para seleccionar doutra forma.
- Carles Ramió, catedrático de Ciencia Política e da Administración na UPF, que propuxo que para atraer talento é necesario avaliar aspectos relativos á intelixencia e a personalidade como o traballo en equipo, a empatía e as competencias dixitais e prácticas.
- Ricardo Mairal, Reitor Magnífico da Universidade Nacional de Educación a Distancia, expuxo que ademais de atraer talento, hai que reter, co fin de evitar fugas de talento cara ao sector privado.
- Gerardo Bustos, Subdirector Xeral de Información, Documentación e Publicacións do Ministerio de Facenda, propón outras vías de selección baseadas na profesionalización e na procura de intelixencia, adaptabilidade e das habilidades necesarias para o desenvolvemento dos postos de traballo.
- Margarita Gómez de Bonilla, Subdirectora Xeral de Informática e de Xestión do Ministerio de Economía e Transformación Dixital, expuxo a súa visión derivada da experiencia na participación nos órganos de selección da Administración Xeral do Estado.
O debate estivo moderado por Eva Álvarez Peinado, Subdirectora Xeral de Selección do INAP e presidenta da Comisión Permanente de Selección.
Os vídeos correspondentes a estes debates poden visualizarse na canle You Tube do INAP.