Celebración do primeiro Consello Xeral de MUFACE do ano

17/07/2020

Celebración do primeiro Consello Xeral de MUFACE do ano

Con data 14 de xullo de 2020, celebrouse o primeiro Consello Xeral de MUFACE do ano, no que se fixo un balance das actuacións da Mutualidade durante o estado de alarma para garantir a atención sanitaria e asistencial dos mutualistas.

A Mutualidade adoptou 70 medidas para dar unha resposta rápida ante esta situación. Desde o primeiro momento, adoptáronse medidas de comunicación cos mutualistas, adecuáronse as prestacións á situación da pandemia e puxéronse en macha medidas de flexibilización de trámites para evitar desprazamentos e riscos de contaxio.

Entre estas medidas, cabe destacar a extensión do servizo de pedimento de talonarios a través do 060 para todos os mutualistas e non só para os xubilados, así como a ampliación da receita electrónica en todas as comunidades autónomas.