O Consello de Ministros aprobou na súa reunión do día de onte a Oferta de Emprego Público (OEP) para 2022 composta por un total de 44.787 prazas, cifra que supón o maior reforzo do persoal da Administración Xeral do Estado en toda a súa historia. Nesta oferta súmanse as prazas da OEP ordinaria e os postos da oferta de estabilización.
Esta oferta foi acordada cos sindicatos no seo da Mesa Xeral de Negociación que tivo lugar este o día 23 de abril. Pode consultarse o acordo coas organizacións sindicais nesta ligazón.
As cifras da Oferta de Emprego Público
A OEP de 2022 inclúe, por unha banda, a Oferta de Emprego Público ordinaria para o exercicio, que alcanza un total de 34.151 prazas, o que supón un incremento do 12,17% con respecto á OEP do ano 2021. Esta Oferta inclúe 25.471 prazas para a Administración do Estado, das que 15.880 son de ingreso libre e 9.591 prazas corresponden á promoción interna.
Aos postos para a Administración do Estado hai que sumar que aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado correspóndenlles 4.992 efectivos máis nesta OEP, 4.342 de acceso libre e 650 de promoción interna.
A Administración de Xustiza, pola súa banda, crece en 1.732 prazas, que se reparten entre as 940 de novo ingreso e as 792 de promoción interna. A iso hai que sumar as cinco novas prazas para o Consello Xeral do Poder Xudicial.
Oferta de Emprego de estabilización
Doutra banda, á OEP ordinaria súmase a oferta de estabilización de 10.636 prazas, das que 4.691 corresponden á Administración do Estado e 5.945, á Administración de Xustiza.
Con iso, o Goberno cumpre co compromiso adquirido coa Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e recollido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. En virtude desa norma, antes do 1 de xuño todas as Administracións Públicas teñen que publicar as ofertas de emprego derivadas dos procesos de estabilización de emprego temporal.
Esta Oferta de estabilización supone el tercer y definitivo proceso de estabilización y completa los previstos en 2017 y 2018, dando cumplimiento al Acuerdo de la Mesa General sobre el tercer Plan de Choque para reducir la temporalidad en las Administraciones Públicas, de 5 de julio de 2021.
A estas dúas ofertas, a ordinaria e a de estabilización, hai que engadir outras 18.149 prazas correspondentes ás taxas de reposición ordinaria e de estabilización xa aprobadas para as empresas e entidades do sector público institucional estatal tras o proceso de coordinación e seguimento iniciado o pasado 23 de febreiro.
A Oferta de Emprego Público por sectores
Como datos a destacar, o 61,05% do emprego público destínase a cohesión social e servizos á cidadanía, economía verde e sustentable e trasnformación dixital e innovación. Ademais, na Oferta de Emprego deste ano/este ano inclúense 3.267 prazas STEM (ciencia, tecnolóxica, enxeñaría e matemáticas), cifra que supón case o 20% da oferta de libre acceso.
Novidades da Oferta de Emprego Público
O Real Decreto de OEP para o ano 2022 introduce novidades en materia de selección como son as relativas a que as convocaotrias posibilitarán a realización de probas selectivas coincidentes no tempo, os órganos de selección deberán contar cun número suficiente de persoas que permita varios tribunais para un mesmo proceso selectivo e na promoción interna eximirase a realización de probas cuxo concomiento acreditouse previamente e fomentarase a realización de exercicios prácticos e de resposta breve ou alternativa.