A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A., S.M. publica as Bases Xerais da convocatoria conxunta de ingreso de 5.377 postos de traballo de persoal laboral fixo pertencentes ao grupo profesional IV (persoal operativo).

11/01/2022

As bases xerais da convocatoria que rexerán o proceso de contratación para a cobertura definitiva dos 5.377 postos de traballo, serán desenvolvidas posteriormente, garantindo os principios de publicidade, mérito, capacidade e igualdade de trato a mulleres e homes.

Esta convocatoria, é a maior oferta pública de emprego da compañía en décadas e inclúe os postos operativos correspondentes ao Grupo Profesional IV (Repartición, genteClasificación e Atención ao Cliente).

Así mesmo, garántese un marco estable de relacións laborais e poténciase o talento como acelerador do cambio que se está producindo na empresa ante os novos retos e as demandas dos nosos clientes.

Por razóns de eficiencia, de interese xeral e de racionalidade dos procesos, Correos publicará contidos propios e oficiais do temario, cuxa posta a disposición do público xeral anunciarase no primeiro semestre de 2022. Posteriormente, publicarase a oferta de postos de traballo a nivel provincial e as súas características, e abrirase o prazo e a forma de presentación das solicitudes.

Previsiblemente, as probas de acceso celebraranse en novembro de 2022. Toda a información poderase consultar na web de Correos www.correos.com