Aprobadas as Ordes Ministeriais que regulan os novos rexistros electrónicos

13/12/2021

No BOE do pasado 11 de decembro publicáronse as Ordes Ministeriais que regulan os novos rexistros electrónicos: o Rexistro Electrónico de Apoderamentos, o Rexistro de Funcionarios Habilitados e o Rexistro Electrónico Xeral

As normas desenvolven o Regulamento para a actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos. O obxecto das ordes ministeriais é establecer a base xurídica da regulación dos tres rexistros xa que a súa aplicación suporá un impulso para a Administración Electrónica orientado cara a unha maior eficacia na organización e na asistencia á cidadanía, ademais, as relacións coa cidadanía veranse reforzadas ao garantir a accesibilidade aos servizos de maneira electrónica.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, prevé no seu articulado a creación do Rexistro Electrónico de Apoderamentos (REA), o Rexistro de Funcionarios Habilitados (RFH) e o Rexistro Electrónico Xeral (REG), posteriormente regulados no Regulamento de actuación e funcionamento do Sector Publico por medios electrónicos, aprobado polo Real Decreto 203/2021, do 30 de marzo.

Con obxecto de desenvolvelos, elaboráronse pola Dirección Xeral de Gobernación Pública (DGGP) e pola Secretaría Xeral de Administración Dixital (SGAD) estas Ordes Ministeriais, sendo co-proponentes o Ministerio de Facenda e Función Pública e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Cada unha das ordes establece a regulación detallada dun dos rexistros, consulta as ordes ministeriais, as novidades e o tríptico informativo aquí.