Nomeamento de funcionarios de carreira do Corpo Superior de Actuarios, Estatísticos e Economistas da Administración da Seguridade Social

29/10/2020

O 23 de outubro publicouse no BOE a Resolución do Secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública, pola que se nomean funcionarios de carreira do Corpo Superior de Actuarios, Estatísticos e Economistas da Administración da Seguridade Social.

Este corpo foi creado pola Disposición Adicional 16ª da Lei 30/1984, e para o seu ingreso, é preciso estar en posesión do título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao.

Entre as funcións que ten atribuídas, destacan o asesoramento para a elaboración e execución orzamentaria, a realización de estudos económicos ou a tramitación de procedementos especiais de recadación de fondos. Mediante o emprego de métodos matemáticos e estatísticos, as empregadas e empregados públicos deste Corpo elaboran estudos relativos ao sistema de Seguridade Social.

Para acceder ao Corpo ha de superarse unha fase de oposición que consta de cinco exercicios:

-Primeiro exercicio: Cuestionario escrito de 30 preguntas, que debe ser lido en sesión pública ante o Tribunal.

-Segundo exercicio: Tradución dun texto do inglés ao castelán.

-Tercer ejercicio: Consiste en un examen de desarrollo sobre el temario y especialidad elegida que será leído por el opositor en sesión pública ante el Tribunal.

-Cuarto exercicio: Consiste no desenvolvemento por escrito dunha serie de cuestións, exercicios e/ou problemas propostos polo Tribunal, sobre os programas que correspondan á Escala e especialidade elixida por cada opositor.

-Quinto exercicio: Consiste nunha exposición oral de catro temas, dous relativos ao programa de «Seguridade Social» e dous temas ao programa de «Economía da Seguridade Social e Dereito Constitucional e Administrativo».

Os aspirantes que superan esta fase serán nomeados funcionarios en prácticas e deberán realizar un curso selectivo de carácter teórico-práctico que terá unha duración máxima de seis meses.

El proceso selectivo que ahora finaliza fue convocado por la Resolución de 9 de abril de 2019, de la Subsecretaria del extinto Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, en el que se convocaron 2 plazas en la Escala de Actuarios y 5 plazas en la Escala de Estadísticos y Economistas.