O Ministerio de Facenda e Función Pública publicou o Boletín Estatístico do Persoal ao servizo das Administracións Públicas (BEPSAP) con datos actualizados a xullo de 2022.
Este Boletín analiza a situación dos efectivos que traballan para as Administracións Públicas desde varias perspectivas, segundo sexo, idade ou distribución territorial, desagregando tamén segundo estes efectivos formen parte de ministerios, organismos autónomos ou axencias estatais.
Segundo este último BEPSAP, o número de empregados públicos a xullo de 2022 é de 2.731.117.
O número de empregados e empregadas respecto do anterior semestre (xaneiro 2022) mostra un lixeiro aumento do 0,5%, 13.547 persoas: 6.374 na Administración Local, 5.445 nas CCAA e 1.728 no Estado.
O boletín tamén analiza a idade do persoal na Administración Xeral do Estado (AGE). Neste sentido, o 41,56% dos empregados públicos da AGE atópanse entre os 50 e 59 anos, sendo maiores de 50 o 63,46% do persoal. Os menores de 40 non superan o 15%.
Consulta o resumo desde esta ligazón