Publicouse o novo Estudo sobre o envellecemento dos persoais na Administración Xeral do Estado 2022 e proxección futura a 2032.
Este novo estudo sitúa aos seus empregados e empregadas nunha media de idade de 51'32 anos, co 64'1% do seu persoal por encima dos 50 anos, quedando patente o problema do envellecemento neste colectivo, se ben, por segundo ano consecutivo conseguiuse unha lixeira redución que afianza a suposición dun cambio de tendencia.
A teor da evolución das altas e baixas na Administración Xeral do Estado (AGE) para persoal funcionario de carreira e laboral fixo, as proxeccións de tendencia a dez anos reflicten unha perda masiva de efectivos, co 58,61% do persoal actual xubilada (97.027 efectivos). Pola contra, permanecerán en activo 68.520 (41,39%), 59.653 efectivos funcionarios de carreira e 8.867 efectivos de persoal laboral.
As previsións mencionadas supoñen unha aproximación orientativa do posible movemento dos efectivos en base ao seu comportamento pasado, polo que os resultados do mesmo deben tomarse con precaución como unha estimación.
Ir a noticia