MUFACE asina un convenio de colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.

09/07/2021

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero (DGVG) e MUFACE, asinaron o pasado 5 de xullo un Convenio de colaboración en materia de violencia de xénero.

Este convenio suporá o desenvolvemento de actuacións concretas en materia de violencia contra as mulleres, dirixidas ao colectivo das mutualistas, entre as que destaca a posta en marcha dunha prestación específica pairas as vítimas de violencia de xénero e a inclusión no Concerto de asistencia sanitaria de medidas concretas de protección a mutualistas.

O convenio enmárcase no desenvolvemento do III Plan para a Igualdade de xénero na AGE e organismos públicos vinculados ou dependentes dela. Máis concretamente, o Eixo 5 contemplaba un Acordo/Convenio de colaboración entre MUFACE e a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero en materia de violencia de xénero, compromiso que toma forma hoxe coa sinatura deste Convenio.

Doutra banda, o sinatura do Convenio cumpre un dos compromisos previstos no Plan MUFACE Avanza que permitirá establecer un marco de colaboración entre as partes, para o desenvolvemento conxunto de actuacións en materia de violencia contra as mulleres entre o colectivo de mutualistas e persoas beneficiarias no ámbito de MUFACE.

Consulta toda a información aquí