Evento virtual no marco do Día das Nacións Unidas para a Administración Pública

24/06/2021

O 23 de xuño celebrouse o Día das Nacións Unidas para a Administración Pública. Para conmemorar esta data o Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas (ONU DESA ) en colaboración co Goberno dos Emiratos Árabes Unidos organizou un evento virtual baixo o lema "Innovar a futura administración pública: novos modelos de goberno para unha nova era para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable”

Segundo Nacións Unidas, no contexto actual os estados necesitan reformularse a estrutura e o modelo operativo da súa administración pública no limiar da terceira década do século XXI. Na próxima era haberá cambios fundamentais na forma en que se contrata, capacita e retén aos funcionarios públicos. Aproveitarase máis a tecnoloxía para tomar mellores decisións, supervisar o desempeño e prestar servizos, e será necesario que o sector privado e a sociedade en xeral desempeñen un papel máis importante en todos os aspectos da creación de valor público. O futuro do servizo público debe ser máis áxil, con coñecemento da tecnoloxía, baseado en datos e centrado no ser humano. Estes son elementos básicos para aumentar a preparación futura, garantir políticas inclusivas e servizos receptivos, reducir as desigualdades e aumentar a confianza no goberno.

Este evento, que serviu para render homenaxe ao traballo dos funcionarios públicos, reuniu aos principais actores nesta materia, empregadas e empregados públicos de varias administracións e tamén da ONU.

Consulta aquí toda a información sobre os actos do Día das Nacións Unidas para a Administración Pública