No Boletín Oficial do Estado de hoxe 29 de abril publicouse a Resolución do 13 de abril de 2021, pola que nomean funcionarios de carreira do Corpo Facultativo de Conservadores do Estado.
Trátase dun corpo especial da Administración Xeral do Estado adscrito ao Ministerio de Cultura e deporte do Grupo A1, entre cuxas funcións podemos destacar as relacionadas coa adquisición, conservación, documentación, investigación, exhibición e difusión das coleccións, ademais das relacionadas coa institución en canto á xestión e planificación
La evolución de las instituciones culturales en los últimos tiempos han fortalecido su misión; Participa en la definición museológica de los centros, en el planteamiento museográfico de la exposición, diseña programas de investigación y difusión y campañas de captación de recursos de cara a su proyección pública, posiciona a la institución en las redes sociales y trabaja en principios de sostenibilidad. Ocupan puestos como gestores culturales en organismos y administraciones públicas.
Para participar no proceso selectivo os aspirantes han de ter o título de Grao, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto.
O proceso selectivo consistirá en catro exercicios, a primeira parte consistirá no desenvolvemento por escrito en idioma castelán dun tema xeral de carácter cultural, cuxo contido estará relacionado coas materias dos grupos de «Estrutura sociocultural» e «Museología». A segunda parte consistirá no desenvolvemento por escrito en idioma castelán dun tema correspondente ao grupo de «Lexislación». O Segundo exercicio consistirá nunha proba dividida en dúas partes sobre o idioma estranxeiro escollido polo aspirante entre os seguintes: alemán, francés, inglés, italiano e portugués.
O Terceiro exercicio consistirá na exposición oral en idioma castelán ante o Tribunal de catro temas extraídos ao azar. E o cuarto exercicio, constará de dúas partes, unha primeira que consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado co temario de «Lexislación», e temario de «Museología» e unha segunda parte consistirá na catalogación de cinco pezas elixidas polo opositor dun total de nove seleccionadas polo Tribunal.
Posteriormente, os aspirantes que superen o proceso realizarán un curso selectivo será organizado pola Dirección Xeral de Belas Artes e terá como finalidade primordial a adquisición de coñecementos e habilidades en orde á preparación específica dos aspirantes para o exercicio das funcións propias do Corpo convocado.