O Ministro Iceta asina convenios con CERMI E ATA para identificar e reducir cargas administrativas na Administración Xeral do Estado

28/04/2021

O ministro de Política Territorial e Función Pública, Miquel Iceta, asinou convenios da Administración Xeral do Estado (AGE) cos presidentes do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA), Luís Cayo Pérez e Lorenzo Amor, respectivamente, para a identificación e redución de cargas administrativas.

Os dous convenios subscritos responden o compromiso do Goberno de España coa simplificación e os procesos de redución de cargas administrativas para flexibilizar as estruturas das administracións públicas e superar as dificultades que a cidadanía e o sector empresarial poidan atopar co sector público.

A Unión Europea e a OCDE recomendan aos Estados a mellora na redución de formularios e declaracións e fomentar a simplificación de procedementos administrativos e normativos.

Tamén os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), cos que os Estados Membros da ONU están comprometidos, promoven a creación de institucións eficaces que rendan contas, así como garantir a adopción en todos os niveis de decisións inclusivas, participativas e representativas que respondan as necesidades da sociedade.

Así mesmo, a situación de pandemia provocada pola COVID-19 puxo de manifesto a necesidade de que as administracións públicas actúen con axilidade para facer fronte ás demandas da cidadanía.

Finalizada a vixencia dos anteriores convenios considérase de interese novos convenios para seguir analizando a normativa e eliminar, cando se identifiquen, trabas burocráticas.

Máis información aquí