O Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia establece no seu artigo 28.1, relativo ás unidades de carácter provisional, que “ no prazo dun mes desde a entrada en vigor dese real decreto-lei, mediante Resolución conxunta da Secretaria de Estado de Política Territorial e Función Pública e da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos aprobarase un modelo de relacións de postos de traballo”.
Igualmente, nos artigos 28.2 e 30.4 establece a necesidade de ditar por parte da Secretaría de Estado de Política Territorial e Función Pública instrucións para procurar unha tramitación áxil e preferente na provisión de postos de traballo das unidades provisionais para a execución do Plan de Recuperación, transformación e Resiliencia, así como instrucións de carácter interpretativo en materia de redistribución e reasignación de efectivos que permitan axilizar a reorganización dos departamentos ministeriais que así o requiran.
Para dar cumprimento ás anteriores previsións, adoptáronse as Resolucións que figuran a seguir.