Desde o pasado 19 de agosto, atópase dispoñible no Portal de Transparencia a Estratexia España Dixital 2025, á que se pode acceder desde esta ligazón.
Esta Estratexia consta de 50 medidas que se articulan en torno a dez eixos estratéxicos cos que, durante os próximos cinco anos, preténdese impulsar o proceso de transformación dixital do país, de forma aliñada coa estratexia dixital da Unión Europea, mediante a colaboración público-privada e coa participación de todos os axentes económicos e sociais do país. Os eixos son os seguintes:
- Conectividade dixital.
- Impulso da tecnoloxía 5G
- Reforzar as competencias dixitais
- Reforzar a capacidade española en ciberseguridade.
- Transformación dixital do sector público.
- Transformación dixital do modelo produtivo.
- Impulso a proxectos tractores de dixitalización
- Mellorar o atractivo de España como plataforma audiovisual europea
- Transitar cara a unha economía do dato e Intelixencia Artificial.
- Garantía dos dereitos dixitais.
Particularmente relevantes para as Administracións Públicas son os eixos 3 e 5 da Estratexia:
-O Eixo 3, relativo ao reforzo das competencias dixitais dos cidadáns, ten como obxectivos pechar brechas entre colectivos e dotar aos traballadores das competencias dixitais requiridas no ámbito laboral, atender á demanda de especialistas en tecnoloxías dixitais e reducir a brecha de xénero nas competencias dixitais.
-O Eixo 5, relativo á trasformación dixital do sector público, ten como obxectivos a simplificación da relación da cidadanía coas administracións públicas e personalizar os servizos públicos dixitais, avanzando cara a un modelo de cidadán 360º. Ademais, avanzarase na implicación de todas as administracións na transformación dixital; na dixitalización dos servizos prestados pola Administración Xeral do Estado no territorio; na actualización das infraestruturas tecnolóxicas das administracións públicas e a introdución da intelixencia artificial na articulación e execución das políticas públicas.