Última actualización: setembro 2025
Nomeamento de eventual con idade superior a 70 anos.
A xubilación forzosa por razón de idade regulada no propio TRLEBEP para o persoal funcionario, non resulta extensible ao persoal eventual, de maneira que a idade de 70 anos non operaría como límite á hora de nomear ou cesar ao persoal eventual.
A consulta versa sobre a posibilidade de nomeamento do persoal eventual cunha idade superior aos 70 anos.
O artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (en diante, TRLEBEP) fai referencia ao persoal eventual como unha das clases de empregados públicos que prestan os seus servizos nas Administracións nos termos seguintes:
“1. Es personal eventual el que, en virtud de nombramiento y con carácter no permanente, sólo realiza funciones expresamente calificadas como de confianza o asesoramiento especial, siendo retribuido con cargo a los créditos presupuestarios consignados para este fin.
2. Las leyes de Función Pública que se dicten en desarrollo de este Estatuto determinarán los órganos de gobierno de las Administraciones Públicas que podrán disponer de este tipo de personal. El número máximo se establecerá por los respectivos órganos de gobierno. Este número y las condiciones retributivas serán públicas.
3. O nomeamento e cesamento serán libres. O cesamento terá lugar, en todo caso, cando se produza o da autoridade á que se preste a función de confianza ou asesoramento.
4. A condición de persoal eventual non poderá constituír mérito para o acceso á Función Pública ou para a promoción interna.
5. Ao persoal eventual seralle aplicable, no que sexa adecuado á natureza da súa condición, o réxime xeral dos funcionarios de carreira”.
Do precepto transcrito dedúcese que tanto o nomeamento co cesamento do persoal eventual prodúcese de maneira distinta á regulada para o persoal funcionario.
Neste sentido, o persoal eventual goza dunha especial natureza, o que comporta que existen especialidades respecto do persoal funcionario de carreira, sendo unha delas que o seu nomeamento e cesamento fundaméntanse en criterios de confianza política, sen que sexan esixibles nin nun nin noutro os requisitos que se establecen para o persoal funcionario.
Por iso é polo que, a pesar de que lles resulte de aplicación outras previsións establecidas para o persoal funcionario, por exemplo, o réxime de permisos, non así as relativas ao nacemento e extinción da relación.
Por tanto, enténdese que a xubilación forzosa por razón de idade regulada no propio TRLEBEP para o persoal funcionario, non resulta extensible ao persoal eventual, de maneira que a idade de 70 anos non operaría como límite á hora de nomear ou cesar ao persoal eventual.
Todo o anterior indícase sen prexuízo de lembrar que, de acordo con o réxime de competencias deste centro directivo, as respostas a consultas que emite esta dirección xeral posúen carácter meramente informativo e, en consecuencia, non teñen carácter de criterio vinculante, nin orixinan dereitos nin expectativas de dereito, nin implican vinculación algunha co tipo de procedementos a que se refiran. Ademais, ao carecer de carácter preceptivo ou vinculante, os órganos destinatarios das estas respostas poderán, no seu caso, adoptar finalmente unha decisión que non se corresponda co parecer contido nas mesmas.
As respostas a consultas contidas neste boletín atenden ás cuestións expostas á luz da normativa vixente no momento da súa emisión, de maneira que estas respostas poden verse afectadas por modificacións lexislativas posteriores ou resolucións xudiciais.