O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo inicia unha consulta pública para a “Avaliación dos aspectos a considerar nos procesos de licitación para a prestación do servizo de televisión dixital en zonas remotas e menos urbanizadas”, de conformidade co principio de neutralidade tecnolóxica.
Estos procesos de licitación teñen como obxectivo a prestación do servizo de televisión dixital para a difusión da oferta de canles de televisión dos licenciatarios do servizo de comunicación audiovisual de televisión dixital terrestre de ámbito nacional, e no seu caso autonómico, nas zonas remotas e menos urbanizadas que non son cubertas polos licenciatarios deste servizo, en cumprimento das obrigas asociadas ás súas licenzas (a denominada zona II pola Comisión).
Sólo serán consideradas as respostas nas que o remitente estea identificado.