Boletín de axudas, subvencións, bolsas e premios. Quincena do 19 de xuño ao 2 de xullo de 2024

19/06/2024

Atópase publicado no Punto de Acceso Xeral, o Boletín de subvencións, bolsas e premios correspondente á quincena comprendida entre o 19 de xuño e o 2 de xullo de 2024, no que se recollen as convocatorias publicadas no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas, extraídas da base de datos do Centro de Información Administrativa do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Ligazón ao Boletín.

Permancen abertos, entre outros moitos:

  • Ata o 21 de xullo de 2024, Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes correspondente ao ano 2024. Resolución do 27 de maio de 2024 da Secretaría de Estado de Cultura.
  • Ata o 4 de xullo de 2024, Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2024.

Os datos publicados no Boletín teñen carácter informativo, polo que é conveniente consultar as bases na publicación oficial correspondente.

Ademais de consultar a información no portal web, tamén se pode recibir información sobre axudas, subvencións, bolsas e premios, mediante a subscrición ás notificacións de novas axudas, subscribíndose ao boletín quincenal ou a través da descarga dunha aplicación móbil. Máis información aquí.