Atópase publicado no Punto de Acceso Xeral, o Boletín de subvencións, bolsas e premios correspondente á quincena comprendida entre o 17 e o 30 de xaneiro de 2024, no que se recollen as convocatorias publicadas no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas, extraídas da base de datos do Centro de Información Administrativa do Ministerio de Facenda e Función Pública. Ligazón ao Boletín.
No este Boletín atopamos, entre outras:
- Resolución do 18 de decembro de 2023 da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento pola que se aproba a convocatoria de Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2024/2025. Prazo ata o 29 de abril de 2024.
- Resolución do 1 de decembro de 2023 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria 2023 das axudas Ramón e Cajal. Prazo ata o 1 de febreiro de 2024.
- Resolución 29 de decembro de 2023 da Presidencia do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación E.P.E, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 da concesión de axudas destinadas a Ecosistemas de Innovación, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023 e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Prazo ata o 12 de marzo de 2024.
Os datos publicados no Boletín teñen carácter informativo, polo que é conveniente consultar as bases na publicación oficial correspondente.
Ademais de consultar a información no portal web, tamén se pode recibir información sobre axudas, subvencións, bolsas e premios, mediante a subscrición ás notificacións de novas axudas, subscribíndose ao boletín quincenal ou a través da descarga dunha aplicación móbil. Máis información aquí.