Atópase publicado no Punto de Acceso Xeral, o Boletín de subvencións, bolsas e premios correspondente á quincena comprendida entre o 8 e o 21 de outubro de 2023, no que se recollen as convocatorias publicadas no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas, extraídas da base de datos do Centro de Información Administrativa do Ministerio de Facenda e Función Pública. Ligazón ao Boletín.
No mesmo pódense atopar, entre outras moitas:
- Resolución do 27 de outubro de 2023, da Dirección do Instituto das Mulleres, pola que se convocan subvencións para o fomento da igualdade de xénero, destinadas á promoción da creación, produción e difusión artística, para o ano 2023, con data fin de prazo ata o 21 de novembro de 2023.
- Resolución do 24 de outubro de 2023, da Xerencia do Consello de Administración de Patrimonio Nacional, pola que se convocan bolsas para posgraduados 2024-2025, con prazo ata o 14 de novembro de 2023.
Os datos publicados no Boletín teñen carácter informativo, polo que é conveniente consultar as bases na publicación oficial correspondente.
Ademais de consultar a información no portal web, tamén se pode recibir información sobre axudas, subvencións, bolsas e premios, mediante a subscrición ás notificacións de novas axudas, subscribíndose ao boletín quincenal ou a través da descarga dunha aplicación móbil. Máis información aquí.