Durante os días 21 e 22 de setembro, o INAP acolleu na sede histórica de Alcalá de Henares o encontro "Innovar o modelo de selección do emprego público para facer fronte a unha contorna laboral cambiante” organizado en colaboración coa Rede EPSO (European Personnel Selection Office) de Expertos en Selección de Persoal. Ligazón coa noticia do INAP.
A EPSO é unha oficina interinstitucional que se encarga da selección de persoal. A súa misión principal é cubrir as necesidades de contratación das institucións da UE: ocúpase da selección dos candidatos adecuados mediante a organización de oposicións xerais e especializadas. Para levar a cabo ese obxectivo, a EPSO actúa como un intermediario de confianza entre as institucións da UE e os titulados e profesionais cualificados. Contribúe así á construción da función pública europea de hoxe e de mañá.
Este encontro enmárcase dentro da presidencia española do Consello da Unión Europea e conta coa presenza do Centro Latinoamericano de Administración para o Desenvolvemento (CLAD) e de representantes dos servizos civís de Chile, Colombia e Perú.
Para máis información sobre EPSO, pulsa aquí.