Esta semana, Pilar do Real, Técnico Superior de Tráfico e que presta servizo na Dirección Xeral de Tráfico (DXT) penétranos no día a día da DXT, Organismo Autónomo cuxa finalidade é o desenvolvemento de accións tendentes á mellora do comportamento e formación dos usuarios das vías e da seguridade e fluidez da circulación de vehículos e a prestación ao cidadán de todos os servizos administrativos relacionados coas mesmas.
A misión da DXT é a de exercer as competencias do Ministerio do Interior sobre o Organismo Autónomo Xefatura Central de Tráfico, con obxectivos como o de reducir á metade o número de falecidos e feridos graves por sinistro viario e o propósito de facer á DXT máis moderna, máis eficiente, máis dixital e ao mesmo tempo, máis próxima ao cidadán.
Traballar pola seguridade de todos pode ser apaixonante, polo que Pilar anima a todas as persoas proactivas, íntegras e con vocación de servizo a que consideren á Dirección Xeral de Tráfico como unha saída profesional. Son moitos os perfís necsarios, polo que... adiante!.
Ligazón ao vídeo.
Acceso a todos os vídeos da canle #Talento Público.
Máis información sobre a DXT.