#Talento Público. Jesús Jiménez Ruiz. Consejo Superior de Investigaciones Científicas

28/04/2023

O vídeo desta semana de #Talento Público tráenos a Jesús Jiménez Ruiz, que pertence á Escala de Técnicos Superiores Especializados de Organismos Públicos de Investigación e traballa no Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria do CSIC, Ministerio de Ciencia e Innovación.

Jesús, andaluz, xienense e tomeseño, presta servizo no departamento da Unidade de Produtos Fitosanitarios desenvolvendo a avaliación científica dos dossieres de sustancias activas, así como dos produtos fitosanitarios que se aplican no campo para o control das diferentes pragas, enfermidades e malas herbas dos cultivos agrícolas que temos en España, colaborando ademais con outros organismos europeos para conseguir a seguridade alimentaria para todos os consumidores da Unión Europea.

Afirma que é un traballo apaixonante, que hai que ter unha vocación científica e que esta moi contento e feliz de desenvolver a súa carreira profesional dentro da administración pública.

Accede a todos os vídeos de #Talento Público

Conce máis sobre o CSIC.