Primeiro Consello Xeral de MUFACE 2023

29/03/2023

O pasado 28 de marzo celebrouse o primeiro Consello Xeral de MUFACE de 2023, dirixido polo secretario xeral de MUFACE, Pablo Saavedra, en substitución da Directora Xeral, Myriam Pallarés. Tamén acudiu, entre outros responsables de Función Pública, a directora xeral de Gobernación Pública, Clara Mapelli.

Saavedra destacou os avances realizados pola Mutualidade na implantación da receita electrónica concertada, que desde o pasado 27 de marzo funciona en Estremadura, sumándose a Cantabria, Asturias e Canarias. O próximo despregamento será nA Rioxa e Navarra, segunda fase do proxecto, que culiminará en 2024 coa súa implantación en toda España.

Outros puntos tratados foron o do número de solicitudes de cambio ordinario de entidade; as convocatorias de Axudas Sociosanitarias para 2023; presentouse, para a súa aprobación, o Plan Mutualidade Saudable; tamén se presentou a nova versión da app movil de MUFACE, que vai facilitar a getión das solicitudes de prestacións dentarias e oculares; ademais de presentar ao Consello o infome final do Plan de Actuación 2022 e a proposta de revisión de proxectos do Plan MUFACE Avanza 2021-2023.

Máis información.