Conta atrás para a semana da Administración Aberta 2023

06/02/2023

A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), que en 2023 vaise a celebrar en España durante os días 20 ao 24 de marzo, con distintos tipos de eventos.

O seu obxectivo principal é achegar ás Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.

Esta cita non coincidirá cos días oficiais da Open Goverment Week 2023 (entre o 8 e o 12 de maio de 2023), xa que se acordou o adianto da súa organización ao mes de marzo con motivo da celebración de eleccións en España.

Os organizadores de eventos poderán rexistrar as súas actividades a través deste formulario ata o próximo día 28 de febreiro de 2023. Máis información