#Talento Público: Vídeo de María Jose, Policía Nacional.

07/10/2022

A Policía Nacional é un instituto armado de natureza civil, con estrutura jerarquizada que ten como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá, con ámbito de actuación en todo o territorio nacional.

Hoxe preséntase María José Cabrera, Policía Nacional destinada na Xefatura Superior de Policía, Delegación Provincial de Participación Cidadá.

A "participación cidadá" é unha unidade de prevención onde se complementan cinco plans: Plan director, con charlas informativas en centros educativos; Plan Maior, que se desenvolve en residencias e persoas maiores; Plan Turismo, enfocado á prevención e centrado en hoteis e turistas; Plan Colectivos, enfocado a outros colectivos que existan na cidade; e, finalmente, o plan Delitos de odio.

Todos estes plans están enfocados á prevención de delitos contra a cidadanía.

Ligazón ao vídeo

Aquí pódese atopar máis información sobre a Polícia Nacional

Accede a todos os vídeos de #Talento Público