Xornadas de captación de talento

03/10/2022

Coincidindo co inicio de curso universitario, renóvanse as xornadas de captación de talento na Administración Xeral do Estado, proxecto desenvolvido pola Dirección Xeral da Función Pública desde o ano 2019.

Coas estas xornadas; organizadas en diferentes ámbitos como universidades, colexios profesionais e centros de educación, onde os relatores explican o emprego público como saída profesional; preténdese mellorar a imaxe da Administración Xeral do Estado como empregadora, así como a dos seus empregados e empregadas, pondo de relevo a súa importante achega á sociedade, explicando o seu traballo e creando conciencia do valor dos servizos públicos prestados co fin de garantir a incorporación de suficientes persoas no sector público.

Neste contexto, o próximo 4 de outubro de 2022 ás 12:00 horas, celébrase unha xornada para estudantes de enxeñarías, máster ou egresados na Universidade de Cantabria, dentro do Plan de Captación de Talento na Administración Xeral de Estado.

Entre os e a relatoras figura a participación de Ruth Martínez Pérez, Directora de División de Tecnoloxías da Información da Secretaría de Estado de Función Pública.

Requírese inscrición na Universidade de Cantabria, Vicerreitorado de Estudantes e Emprego.

Máis información