O secretario xeral de MUFACE, Pablo Saavedra, mantivo onte unha reunión técnica cos responsables da Oficina de Tramitación Electrónica (OTE) de Vigo, cuxo balance de xestión superou todas as expectativas tras seis meses de funcionamento. O equipo de MUFACE reuniuse máis tarde con David Regades, Delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, para comentar posibles melloras na localización da oficina.
Durante o encontro, informouse sobre a situación actual, as melloras previstas na oficina, tanto de persoal como técnicas, así como dos próximos labores, entre os que se atopa o inicio da colaboración coa oficina de Málaga, de tal maneira que o vindeiro xoves empezará a tramitar os expedientes de prestacións dentarias da capital andaluza.
Así mesmo, comentouse o gran interese que presenta a OTE para a cidade viguesa, como elemento catalizador da dixitalización da administración pública e exemplo da orientación á cidadanía dos servizos públicos. Máis información.