Piloto App O meu Cartafol Cidadán

15/09/2022

O Goberno lanza en fase piloto a nova aplicación móbil de “O meu Cartafol Cidadán”, a través da cal calquera usuario pode consultar determinados datos persoais, citas previas e notificacións, ademais de informarse do estado dos seus expedientes en tramitación. Esta versión inclúe unha aplicación móbil, un sitio web e un asistente virtual, coa que se pretende achegar a Administración á cidadanía, facilitando unha relación máis fluída e próxima.

Mais información