Comeza a terceira edición de “Fundamentos sobre a igualdade entre homes e mulleres”

12/09/2022

No día de hoxe e ata o 17 de outubro, terá lugar a terceira edición da experiencia de aprendizaxe dinamizada do INAP que leva por título 'Fundamentos sobre a igualdade entre mulleres e homes’. Tras o éxito das dúas primeiras edicións, o INAP volve ofrecer esta experiencia que busca aproveitar todo o potencial da participación e a conexión masiva co fin, neste caso, de contribuír á construción dunha sociedade igualitaria.

As 1500 empregadas e empregados públicos das diferentes administracións que, durante o mes de xuño, responderon á convocatoria, súmanse así ás máis de 3000 persoas que xa participaron nas dúas edicións precedentes.

Como en edicións anteriores, a experiencia ‘Fundamentos sobre a igualdade entre mulleres e homes’ nace co enfoque de propor debates e aprendizaxes compartidas en relación á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, unha cuestión histórica, política e social de plena actualidade.

Para promover eses debates e aprendizaxes, a proposta está dividida en cinco bloques temáticos cada un dos cales está deseñado para ser traballado ao longo dunha semana: 1) De que falamos cando falamos de igualdade de xénero?, 2) O longo camiño cara á igualdade, 3) Políticas Públicas para a igualdade de oportunidades, 4) Estratexias e ferramentas prácticas para a igualdade entre mulleres e homes e 5) Aterrando na nosa realidade: cidadanía activa para a igualdade.

Accede ao vídeo de presentación

Información detallada